Cinco nenas de Malpica e Ponteceso participaron en Marín no campionato galego de tiro con arco en sala

1 minutes read

A competición deu comezo as 09:00 e finalizou preto das 19:00 horas, un dia intenso e longo para as participantes da Costa da Morte:
• Lucía Castro Fondo, 13 anos de Ponteceso. (Categoría infantil)
• Leonor Andrade Varela, 13 anos de Ponteceso. (Categoría infantil)
• Claudia Chouciño Castro, 13 anos de Malpica. (Categoría infantil)
• Jimena Extremera Toja, 10 anos de Corme. (categoría alevín)
• Aroa Vigueret Martinez, 10 anos de Ponteceso. (categoría alevín)
Que despois de tan longa xornada acadaron o seu obxectivo, Lucía Castro Fondo pasou como primeira de grupo enfrontándose en semifinais a Lía Lage Pernas do club Arco Narón, contra quen perdeu e tivo que xogarse o 3º posto contra a arqueira ourensán do club Arqueiros Eiroás Noa Docampo García, a que gañou acadando así a medalla de bronce para o club.
Leonor Andrade castro tivo que enfrontarse en semifinais a arqueira ourensán do club Arqueiros Eiroás Noa Docampo García, gañando 6 – 2 pasou a final contra Lía Lage Pernas do club Arco Narón, volvendo a gañar 6 – 2 dando o titulo de Campioa Galega.
Na categoría alevín non tiveron tanta sorte acadando Jimena Extremera Toja o 5º posto e diploma, Aroa Vigueret Martinez o 6º posto e diploma Tanto Leonor como Lucia están contentísimas e con moitas ganas de enfrontarse no campionato de España previsto para o 14 de febreiro en Valladolid.