Camariñas celebrou a súa ‘X Carreira Pedestre’

1 minutes read
  • Forma parte da sétima edición do Circuíto Correndo pola Costa da Morte e os fondos recadados irán para AECC provincial

Este domingo, 20 de marzo, o Concello de Camariñas celebrou a súa X Carreira Pedestre dentro do 7º Circuíto Correndo pola Costa da Morte. A carreira tivo carácter solidario xa que se recadaron fondos para a Asociación Provincial Contra o Cancro a través dunha categoría chamada 3K contra o cancro na que poideron participar todas as persoas nadas no ano 2006 e anteriores. Ademais, desde a organización habilitouse unha Fila 0 para que calquera persoa poidese facer o seu donativo aínda que non participase nas carreiras.

Houbo un total de seis de probas que comezaron coa categoría alevín ás 10:30 horas. A categoría benxamín ás 10:30 horas; os infantís, xuvenís e cadetes ás 11:00 horas ao igual que os participantes na proba 3K contra o cancro; ás 11:40 horas foi a quenda para os de idade ‘Pitufo’ e, por último, a saída da absoluta foi ás 12:15 horas.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?