Citados como investigados os responsables do Medusa Festival pola morte dun mozo


Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza da Comunitat Valenciana (TSJCV), o xuíz citou tamén como investigados aos responsables das dúas empresas implicadas na dotación e montaxe das estruturas do festival, ao arquitecto responsable do proxecto técnico, e a un responsable da empresa externa contratada polo Concello para a supervisión desa infraestrutura.

O Xulgado investiga asi o incidente rexistrado na madrugada do 13 de agosto no Medusa de Cullera, que provocou a morte dun mozo de 22 anos e a hospitalización de cinco máis, aínda que o total de atendidos superou os 40.