Rematou o programa universitario para maiores de 50 anos que puxo en marcha a Universidade da Coruña coa colaboración do Concello de Carballo e o financiamento da Xunta de Galicia. O acto tivo lugar no auditorio do Fórum Carballo, sede local da Universidade Sénior, a entrega de diplomas ás persoas participantes.
No acto interviron a vicerreitora de Planificación Académica e Innovación Docente da UDC, Nancy Vázquez Veiga; a directora da Universidade Sénior, Matilde García, e maila adxunta á Dirección da Universidade Sénior, Susana Iglesias Antelo, ademais do alcalde de Carballo, Evencio Ferrero. Ámbalas dúas partes –UDC e Concello- coincidiron no positiva que resultou a experiencia e reiteraron o compromiso de mantela no tempo.

Un total de 68 alumnos e alumnas maiores de 50 anos inscribíronse para participar ao longo dos meses de outubro e novembro no programa formativo, que constou de doce accións formativas –nove teóricas e tres prácticas- divididas en tres módulos: arte e patrimonio, ciencia e tecnoloxía, e saúde e benestar.