Clausurada unha nova edición dos obradoiros de memoria impartidos pola asociación Afaber

1 minutes read

No Novo Edificio Administrativo – 3º andar (Erbecedo), en Coristanco, realizouse a clausura do Obradoiro de memoria da AVV Santa María de Traba, cuxo balance do curso deu como resultado 30 persoas usuarias (29 mulleres e 1 home).
Tamén tiveron lugar as clausuras dos obradoiros desenvolvidos no local da entidade (Mirón 24, Bértoa), donde o balance reflexou unha asistencia de 26 persoas usuarias (19 mulleres e 7 homes).
Finalmente a clausura do Obradoiro de memoria da Asociación Cultural Mestra Carmen Cancela tivo lugar no Centro Social de A Brea, contando cun balance final de 12 persoas usuarias (todas elas mulleres).
Os cursos desfrutarán agora dunha pausa, correspondente coas vacacións do verán, retomando o seu funcionamento no mes de setembro.

Clausura en Coristanco.