Clausurado o XVII encontro institucional da Fundación Secretariado Gitano

1 minutes read

Política Social participou na clausura do XVII encontro institucional da Fundación Secretariado Gitano onde se apostou pola educación e a formación como camiño cara á plena inclusión da poboación xitana. Lembrando que cada vez son máis as persoas que participan dos programas desta entidade dirixidos principalmente á escolarización e ao acceso ao emprego. A conselleira de Política Social, Fabiola García, apuntou que a comunidade xitana creou ao longo dos últimos anos os seus propios referentes a través de persoas que pasaron de ser usuarios a cursar estudos universitarios ou conseguir traballos de alta responsabilidade. Así mesmo, destacou que aínda queda moito por facer para derrubar os estereotipos e permitir que as persoas xitanas non atopen eivas na busca de emprego, no acceso a unha vivenda ou a nivel educativo. Política Social seguirá colaborando coa Fundación Secretariado Gitano para que os 13.000 xitanos de Galicia se sintan igual de galegos que os demais.