Comezan as conversas que compoñen o ciclo Xacobeo Peregrinas

1 minutes read
  • A novelista Espido Freire, a investigadora María José Alonso, a cociñeira Lucía Freitas e a atleta olímpica Susana Rodríguez Gacio foron as convidadas desta primeira xornada.

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, responsables dos dous departamentos implicados na posta en marcha deste programa, participaron na apertura deste ciclo. Ambas aproveitaron a ocasión para poñer en valor o peso da muller na sociedade destacando o interese en afondar no fenómeno do Camiño, da vida e da sociedade desde unha perspectiva de xénero.

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, amosou o seu convencemento de que as mulleres galegas xogarán “un papel crucial na recuperación” tras a pandemia. Amosou o seu propósito de que “ningunha muller se quede atrás por falta de axudas” e puxo énfase en que o Goberno galego vén reforzando as medidas para garantir “a evolución profesional das mulleres para mellorar a súa inserción laboral e a súa promoción a postos de maior responsabilidade”.