COGAMI alerta de demoras de ata tres anos para obter unha valoración da discapacidade en Galicia

1 minutes read

Dende COGAMI adverten que estes atrasos teñen consecuencias directas na vida das persoas afectadas. Non contar cunha valoración ou cunha revisión do grao de discapacidade en tempo e forma limita o acceso a dereitos, recursos e servizos fundamentais, dificultando cuestións tan relevantes como a incorporación ao mercado laboral, o acceso á educación, á accesibilidade, á atención sanitaria ou ás prestacións destinadas a compensar situacións de desigualdade.

“O certificado de discapacidade é a porta de entrada a dereitos, recursos e prestacións. Retrasar a súa concesión significa retrasar tamén a igualdade de oportunidades das persoas”, declaraba o presidente de COGAMI, Anxo Queiruga.

Ante esta situación, COGAMI solicitará unha reunión coa Consellería de Política Social e Igualdade co obxectivo de coñecer as medidas que se están a adoptar e trasladar propostas que permitan axilizar os procedementos de valoración e revisión da discapacidade, garantindo unha atención áxil e acorde ás necesidades das persoas solicitantes.