COGAMI atende máis de 3.200 demandas recibidas nun ano

1 minutes read

O certificado de discapacidade, o emprego e as prestacións económicas concentraron a maior parte das demandas de información, asesoramento e orientación.

COGAMI atendeu ao longo de 2025 un total de 3.233 demandas a través do seu servizo de Información, Asesoramento e Orientación, consolidándose como un recurso de referencia para as persoas con discapacidade e as súas familias en Galicia.

Entre a información máis solicitada destaca a relacionada co certificado de discapacidade, que rexistrou 993 consultas, seguido do emprego, con 749, e das axudas económicas, que sumaron 561 peticións. Estes datos evidencian que a preocupación pola situación administrativa, laboral e económica continúa a ser unha das principais necesidades das persoas que acoden á entidade.

Tamén se rexistraron 168 consultas relacionadas coa accesibilidade, 93 sobre formación e 79 vinculadas á dependencia. Outras cuestións recorrentes foron vivenda (64), centros e recursos específicos (57), lecer inclusivo (56), educación (53), asociacionismo (43) e produtos de apoio (43).

Outra tipoloxía de consultas recibidas estuviron relacionadas con temática sobre sanidade (42), voluntariado (21), autoemprego (16), asistencia persoal (14), axuda domiciliaria (8) e centros especiais de emprego (5), ademais doutras cuestións diversas.

Estas cifras reflicten a amplitude de ámbitos nos que COGAMI presta apoio, ofrecendo información especializada e acompañamento personalizado co obxectivo de garantir dereitos, promover a autonomía persoal e mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade.