Colapsa o tellado con estrutura de madeira dunha nave na Avenida Fisterra, en Carballo

1 minutes read

Os bombeiros do parque provincial de Carballo tiveron que achegarse na tarde deste pasado luns ata a Avenida Fisterra, de Carballo (fronte ao Tanatorio Bergantiños) polo colapso do tellado dunha nave.

Foi o 112 quen alertou do suceso ás 14:43 horas, tras o aviso pasado por un particular. Xa no lugar dos feitos, os bombeiros comprobaron que se trataba dunha nave abandonada cuxo tellado con estrutura de madeira colapsara cara o interior da construción.

Así, procederon a forzar a porta de entrada para rastrear se no interior había persoas, sendo esta pesquisa negativa. No operativo tamén participou a Policía Local de Carballo.