No evento tomaron parte Marina Vigo, música tradicional integrante de Sondeseu, e Luís Prego, un dos maiores referentes da danza tradicional en Vigo e vicepresidente da Asociación de Ensinantes Profesionais da Música e o Baile Tradicional, e contou coa intervención do concelleiro e candidato á alcaldía do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas. Reclamouse a posta en marcha dun gran Programa da Dinamización da Cultura Tradicional na cidade, que inclúa entre outras medidas, axudas directas para fortalecer a formación e os grupos de base ou o despregamento dun ambicioso circuíto cultural en todos os barrios e parroquias, tomando como exemplo o desaparecido MoveVigo que se creara en colaboración cos grupos e coa Favec. O candidato nacionalista tamén avogou porque Vigo organice un gran festival de música e baile tradicional.
19