Comercio local, artesanía, postos internacionais e exhibicións artesás na Mostra do Encaixe de Camariñas

1 minutes read

A trixésimo quinta edición da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña dará para moito, e o visitante poderá adquirir nos diversos postos de Encaixe de Camariñas enxoval doméstico, complementos de moda, recordos e moito máis!

A Mostra é un escaparate incomparable para os artesáns locais, que amosan durante os cinco días do evento o seu bo facer e ofrecen ao público produtos de alta calidade. Participan este ano 12 postos de diferentes artesáns de Camariñas: El Rincón de los Sueños, Asoc. Prof. De Palilleiras Rendas, Asoc. Puntillas de Camariñas, Encaixa-T, Encajes Gelina, Encaixes Maruja, Resinheira, Galencaixe, Nadia en Vela, Ondas do Mar, A Tenda de María Rosa e Cornechiño de Lita.

Ademais, tamén se poderá desfrutar dos produtos de artesáns chegados de fóra: Ana Trasariz, Arte en Palla, Artesanía Nía, “As Nemanquiñas”, Asociación Palilleiras “A Nosa Señora da Barca”, Encaixes Arjomil, Encaixes Belén, Encaixes Lucita, Fils i Agulles Carme Espriu, Mulleres Rurais Moraime, Olería de Buño, Project Market 13 e Tejas Pintadas.

Promo da XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña_novahit.

Tamén haberá espazo social e institucional coa Asociación contra o Cancro – Junta Local de Camariñas, Asocaición Virxe do Carme de Camariñas, Concello de Camariñas, Deputación da Coruña, Ponte Friki e contaremos tamén cun Punto Violeta.

No contexto internacional daranse cita palilleiras e palilleiros de nivel internacional chegados desde Córdoba e Bos Aires, en Arxentina; de Sofía, Bulgaria; de Krakovany, Eslovaquia; de Novedrate, Italia; de Bobowa, Polonia; de Serra d’el Rei e Peniche, Portugal e tamén de Arenis de Arenys del Mar, de España.

As demostracións de artesanía viva correrán a cargo das oleiras e oleiros de Buño, de Miyuki e de Tejas Pintadas con exhibicións de montaxe de bixutería en pedra natural.