O Concello de Sada comezou a executar obra pública, logo da paralización de todas as actuacións polo COVID19, coa obra de reforma do paseo marítimo da localidade entre a desembocadura do río Maior e as escaleiras de Fontán, con melloras en pavimentos, xardinaría e asentamentos. A empresa adxudicataria da actuación, Barnacle Obras e Servizos (164.659 euros), deu comezo os traballos coa implantación en obra e o valado do perímetro da actuación. O goberno local pretende abordar unha completa reforma do ámbito xa que existe un deterioro notable tanto dos pavimentos (xeneralizado ao longo de todo o paseo do porto e máis puntual na zona da Praia Nova e a Praza Suárez Picallo) como das especies vexetais do paseo, por iso se acometerá unha actuación que inclúe o cambio dos elementos en mal estado da zona peonil, a aplicación de novas capas de pintura dos pavimentos en diferentes tramos e a reposición de especies vexetais por outros exemplares novos, tamén se executarán traballos para mellorar a drenaxe no parque e evitar que se cren charcos en puntos baixos das áreas verdes.
39