Comezou o 35º torneo ‘Concello da Laracha’ de peñas de fútbol

1 minutes read

O torneo “Concello da Laracha” de peñas de fútbol celebrará neste verán a súa 35ª edición tralo parón de dous anos motivado pola pandemia. Nesta ocasión son cinco as peñas participantes. O sistema de competición será por eliminatorias a un único encontro a disputar, en todos os casos, no Campo Municipal da Laracha.

Realizado o sorteo da competición, na rolda previa quedaron emparellados Soandres Veteranos e Bértoa, que xogan este sábado a partir das 19:00 horas.

As semifinais disputáronse o sábado 2 de xullo, cos seguintes encontros:

  • 18:00 h: San Ramón – Canteras El Pozo
  • 20:00 h: San Román Veteranos – Vencedor da rolda previa.

O 9 de xullo xogaranse a final (20:00 h) e o partido polo terceiro posto (18:00 h).

En todos os casos a entrada para o público é gratuíta.