43
A pandemia obrigou a suspender a festa e xa non hai os tradicionais campamentos, pero para manter vivo o seu espírito o Concello convocou concursos de decoración de fiestras, escaparates e balcóns e tamén de caracterización animando a xente a colgar as súas fotos vestidos de romanos e castrexos. Desta volta a maior parte da programación será virtual con actividades que as diversas asociacións de recreación histórica foron gravando en días pasados e que agora se colgarán nas redes sociais. Con todo mantéñense pequenos actos presenciais como as vodas celtas baixo cita previa e mesmo haberá algún desfile de tropas pero con menos xente e mantendo as normas de seguridade.