Comeza o tramite para a transferencia a Galicia da xestión do dominio público marítimo-terrestre

1 minutes read

Trátase dunha tramitación da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda perante o Goberno central, para acadar a transferencia da xestión do dominio público marítimo- terrestre para ter a competencia integral sobre o litoral galego.

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, agradeceu a boa disposición do Ministerio para a Transición Ecolóxica por estudar esta petición da Comunidade, unha demanda que –tal e como indicou a conselleira- conta co apoio dos tres grupos representados na Cámara galega. A Consellería empezará cos traballos administrativos para que sexa unha realidade canto antes.

Galicia conta, desde o ano 2011, cun Plan de Ordenación do Litoral que acredita un coñecemento dos seus quilómetros de costa, así como dos tempos necesarios. Por outro lado, defendeu que atender esta demanda é conceder á Comunidade unha competencia que xa teñen Cataluña e Andalucía e que tamén están a tramitar os gobernos insulares de Baleares e Canarias.

Con esta petición se poría fin ao traspaso de competencias a Galicia en materia de ordenación do litoral que se iniciou en 1985, transferindo as funcións e os servizos en materia de ordenación da costa, é dicir, a súa xestión -que non a propiedade dos terreos-.