O Club Balonmán Xallas comeza a nova tempada esta fin de semana co partido do equipo feminino senior contra o Samertalomeu ás 16:00 horas do sábado. O equipo senior masculino comezará a copa o 18 de setembro. Una tempada que se prevé apaixonante para ambos equipos no que tratarán de pelexar por postos altos da clasificación, e tiveron baixas que foron cubertas por por xogadores e xogadoras novas con moita proxección, así como algún veterano que tamén axudará o staff técnico dirixido por Óscar Aldao.
O Club Balonmán Xallas ten máis de 10 anos de vida, no que se centrou en fomentar o balonmán en Santa Comba. Actualmente é o único club que ten dous equipos senior en ambas categorías, femenino e masculino, desde Lalín ata Carballo. Non sería posible sen unha directiva que traballou para fomentar o deporte en Santa Comba, con Miguel Barbeira como presidente.
As categorías base, que se invita a calquera a matricularse nas súas escolas de balonmán, son a prioridade do club para que siga medrando.
Ademáis, fai unhas semanas iniciouse unha campaña de socios é abonados que foi un rotundo éxito. Grazas á colaboración de moitas empresas e particulares puideron sacar adiante este complexo proxecto. Unha campaña que segue aberta e que se invita a todo aquel particular a participar. Engadir que se invita a todos e todas a seguir os equipos para que aumente una masa social grande que é unha familia.
Este ano será un ano de moitas alegrías para o club e espera que a campaña de socios e de pequenos patrocinadores, continúe. Pero especialmente, preténdese promocionar as categorías base pois son o futuro, e afianzar un deporte como o balonmán en Santa Comba.
