Comezan as obras de mellora do pavimento na rúa dos Oleiros e tamén nun sector do campo da feira de Paiosaco

As actuacións consisten na renovación completa da superficie de rodadura para facilitar o tránsito dos vehículos. Tamén se contempla a sinalización horizontal e o novo marcado das prazas de estacionamento de vehículos. Ao estar parte do espazo integrado no recinto feiral, inclúese o repintado dos postos de venda nese sector.

O proxecto supón un investimento superior aos 42.000 euros que se destinarán a mellorar as condicións do pavimento nunha zona céntrica, residencial e comercial de Paiosaco.

O concelleiro de Obras, Pablo Cambón, realizou unha visita ao lugar das actuacións para supervisar o comezo dos traballos, que tiveron que retrasarse varias semanas debido ás condicións climatolóxicas adversas rexistradas durante os meses de xaneiro e febreiro.

Related posts

9M Día Internacional da Tortilla de Patacas; A Coruña á cabeza da máis zumarenta

Os bombeiros liberan a unha persoa atrapada tras un accidente de tráfico na Laracha

Miles de persoas saíron á rúa este 8M a favor da igualdade real e a paz