Grupo Lemaco Xiria A 49 – Balonmán Tui 40 (29-20)
O Grupo Lemaco amosou o seu potencial en ataque ante o Tui, si ben estivo demasiado permisivo na defensa encaixando 40 goles.
Foron 60 minutos de partido de alto ritmo onde as defensa víanse desbordadas en cada acción, o contragol visitante fixo moito dano por momentos aos locais.
Non tiña dificultades no ataque o Grupo Lemaco, movendo con continuidade e chegando con boas accións de lanzamento, marcou diferenzas pronto no marcador, pero o Tui non estaba pola labor de facilitar o partido e tirou de velocidade no contragol e nas súas accións ofensivas chegando a igualarse o marcador, pois nese tramos os locais tamén erraron cara a gol.
Un novo arreón do grupo Lemaco fixo que no descanso a diferenza fose de 9 goles.
Na segunda metade o Xiria si ben, cedeu moito na defensa, no ataque estaba a resolver sen dificultade o que lle permitiu xogar uns cómodos 30 minutos finais para facerse cos dous primeiros puntos.
Grupo Lemaco Xiria B 30 – Culleredo Remax Riazor 27 (12-14)
Chegaba o comezo da Liga Prata para o Grupo Lemaco B, equipo feito para rodar e que os xogadores máis novos vaian collendo experiencias e minutos de xogo.
Visitaba Carballo un dos favoritos da competición, pero o Xiria non se amedrentou diante do Culleredo, estivo a maior parte do encontro a remolque no marcador pero minuto a minuto foi tomándolle o pulso o rival, aumentando a intensidade defensiva e obtendo froito das accións en ataque.
Nun final apremado o Grupo Lemaco B foi quen de xogar mellor eses minutos e facerse cos primeiros puntos na competición de Prata.