Este martes 13 de outubro comezou a campaña de vacinación contra a gripe para a poboación en xeral e concluirá o 31 de decembro. Este ano ten algunha novidade, á parte do inxente aumento de dose, haberá unha vacina tetravalente de alta carga que se destinará ás persoas máis vulnerables, as de máis de 64 anos ingresadas en residencias. Ademais, inclúese dentro da poboación diana como grupo de risco ás mulleres ata seis meses despois do parto, no caso de que non fosen inmunizadas antes de dar a luz. A vacina é gratuíta para as persoas de 60 anos ou máis, as residentes en institucións pechadas de calquera idade, as que tendo entre 6 meses e 59 anos contan con factores de risco que as predispoñan a padecer complicacións derivadas da gripe e para as mulleres embarazadas.
29