38
O presidente francés, Emmanuel Macron, e a vicepresidenta dos Estados Unidos, Kamala Harris, abriron o encontro, que coincide co aniversario do armisticio que puxo fin á Primeira Guerra Mundial.
Durante 3 días, unha trintena de xefes de Estado e de goberno van reflexionar sobre os principais retos e problemas que afronta o mundo.
Entre os participantes está Filipe VI. Na súa intervención, enviada por vídeo, o rei apelou á necesidade de solidariedade internacional para afrontar a crise do coronavirus.