Comezou a execución do proxecto para reducir as infiltracións na rede de saneamento da Laracha

As obras inclúen intervencións orientadas a mellorar o funcionamento dos colectores principais que conducen as augas residuais dos núcleos urbanos da Laracha e Paiosaco.

O alcalde, José Manuel López Varela, e os concelleiros José Ramón Martínez Barbeito e Pablo Cambón desprazáronse ata os lugares de O Pino e do Formigueiro, entre os que se está a instalar unha nova tubaxe soterrada de saneamento. O obxectivo é evitar posibles rebordes na confluencia dos colectores existentes que poderían ocasionar verquidos antes da chegada á principal estación depuradora de augas residuais do termo municipal.

Este proxecto permitirá incrementar a eficiencia da rede e minimizar posibles riscos de carácter sanitario e ambiental cunha intervención concibida para ofrecer unha solución integral e sostible mediante o reforzamento da capacidade nese punto da rede de saneamento municipal.

O orzamento ascende a 49.000 euros e a actuación é cofinanciada por Augas de Galicia ao abeiro da convocatoria para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a execución de actuacións para reducir as infiltracións nas redes de saneamento municipal, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Related posts

O BNG de Corcubión discrepa coas declaracións destos últimos días dos partidos da oposición

Novos programas de participación social na Costa da Morte, da man de Íntegro

Vieiro continúa reforzando o seu compromiso coa prevención a través do programa ‘Odisea’