39
Trátase do material que estimaron convinte os centros educativos do municipio (IES Pedra da Aguia, CEIP O Areal e CEIP Ponte do Porto) para poder seguir desenvolvendo as diferentes materias do curso. Desde traballos e fichas impresas para o alumnado que non ten acceso a Internet nos seus fogares ata apuntes para o alumnado con necesidades especiais. A organización corre a cargo da educadora de adultos do Concello. Os voluntarios de Protección Civil xa comezaron o reparto deste material escolar polos alumnos e alumnas do colexio da Ponte do Porto.