A primeira galega en recibir a vacina fronte á covid-19, Nieves Cabo Vidal, usuaria da residencia Porta do Camiño de Santiago de Compostela, foi este domingo a primeira en recibir a segunda dose. Ademais, foi a primeira persoa en España que completou o proceso de inmunización. Pola súa banda, a enfermeira que vacinou a Nieves nas dúas ocasións, Yolanda Moares, foi tamén a primeira sanitaria en recibir a segunda dose da vacina fronte á covid-19 en Galicia. Deste xeito, comezou a segunda rolda de vacinación nas residencias de maiores galegas.
Declaracións de Nieves Cabo Vidal, tras recibir a segunda dose da vacina.