En total, 165 quilos de peixe e 16 de marisco foron comisados polo Servizo de Protección da Natureza en Bueu. Atopáronos nun servizo rutineiro de control da pesca furtiva e comercialización irregular de produtos do mar na costa galega. Actividades coma esta poñen en risco os recursos mariños e a seguridade alimentaria.
Foron dúas operacións no mesmo porto. Na primeira interceptaron un veciño de Vigo cando descargaba unha furgoneta isotérmica no punto de embarque ás illas Ons. Gran parte do produto atópabase en bolsas de plástico ordinarias sen cumprir as normas sanitarias básicas. Nesta operación incautáuronse de 105 quilos de rapante, 35 de peixe sapo, 13 de ollomol e 12 de langosta, a meirande parte deles supostamente procedentes do Gran Sol.
No caso da segunda operación, incautáronse, amais de nécoras e lumbrigantes, 12 quilos de centolas, que están en época de veda, e moitas de delas ovadas. O pescador foi denunciado por infrinxir a normativa autonómica de pesca e marisqueo ao comercializar capturas prohibidas e saltar as canles legais de poxa en lonxa.