Comisan en Lugo 30 quilos de haxix

1 minutes read

Un vehículo circulaba polo polígono do Ceao cando a Policía Nacional lle deu o alto nun control rutineiro que estaba vixiando as principais entradas á cidade. Ao rexistrar o vehículo, os axentes atopan no maleteiro dúas bolsas de deportes e no seu interior 30 quilos de haxix, o maior alixo desta droga comisado en Lugo no que vai de ano. Chama a atención que os distribuidores, para certificar a calidade da droga, empregaron fotogramas da película sobre o narcotraficante Pablo Escobar. Este tipo de marcas ao parecer é habitual. Hai redes de distribución que usan os logotipos de marcas de luxo para diferenciar o material. A persoa que transportaba a droga conta con antecedentes policiais e, tras pasar a disposición xudicial, ingresou no cárcere por un delito contra a saúde pública.