41
A instalación industrial para o cultivo da droga estaba no baixo dun chalé. Incautáronse un milleiro de plantas que xa superaban o metro e medio de altura. Foi o elevado consumo eléctrico da vivenda o que puxo os axentes sobre a pista desta actividade delituosa. Hai dous detidos, pero non se descartan máis detencións, xa que a investigación segue aberta. Están acusados dun delito de tráfico de drogas e a dona do inmoble tamén terá que responder por un delito de defraudación de fluído eléctrico.