Cómoda vitoria do Calvo Xiria balonmán


O conxunto carballés recibiu este sábado no seu feudo ao Tenerife Tejina La Laguna. O Calvo Xiria dominou o partido de principio a fin e sumou dous puntos máis. Os xogadores que dirixe Adrián Dubra chegaron ao descanso cunha renda de 8 tantos (18-10). Na segunda parte os menos habituais do equipo tamén tiveron os seus minutos, e non defraudaron. Avultado resultado final para o Calvo Xiria (26-17), coa vista posta xa na fase de ascenso a División de Honra e a próxima saída a Lavadores, antes do derbi contra o OAR Coruña.