Completa fin de semana, en Ourense, Xinzo e A Coruña, para os deportistas da AD Fogar

1 minutes read

As citas da fin de semana para os/as atletas de Carballo e Oleiros arrincaba o sábado á tarde con motivo da disputa do Campionato Galego Sub12 e Sub14 en Pista Curta celebrado na Expourense. Alí os representantes da AD Fogar Abel Antelo e Iago Bello tomaron parte na proba dos 500 m.l. mellorando os seus rexistros persoais e no caso de Iago establecendo ademáis unha mellor marca do clube de 12 anos cun tempo de 1’31”82.

Xa este domingo, a localidade de Xinzo de Limia acolleu o Campionato Galego dos 10 quilómetros en ruta, proba na que Nuno Moure e Lara Pincirolli se facían coas medallas de ouro e prata respectivamente na categoría sub20. Nuno e Lara estableceron tamén as mellores marcas absolutas do clube dos 5 e os 10 quilómetros nesta modalidade de ruta. Outro dos representantes da AD Fogar foi Román Ponte, que participou no concurso de salto de altura do Campionato Galego Sub 10 en Pista Curta de A Coruña. Román que partía cunha marca de inscrición de 1.02 metros, non foi quen de saltar máis dos 0.98 metros.