30
- O Concello destina a esta actuación un total de 140.000 euros procedentes integramente de fondos municipais.
O Concello da Laracha finalizou as tarefas de roza pola tempada de verán nas parroquias de Coiro, Lestón, Lendo, Lemaio e Golmar. Os traballos continúan polas parroquias de Vilaño, Montemaior e Soandres e xa se iniciaron tamén nas principais vías da rede municipal de Caión, Torás e Cabovilaño. Nos próximos días tocaralle a Soutullo e Erboedo.
Ao longo da campaña, que se prolongará ata o outono, serán acondicionados 300 quilómetros de estradas e 83 quilómetros de camiños forestais. O Concello destina a esta campaña 140.000 euros procedentes integramente de fondos municipais.