28
- En concreto os carteis atópanse nos areais de Arou, Lago, Lingunde e O Ariño
A sinalización de praias se fume xa está instalada en diferentes areais do municipio de Camariñas como son Arou, Lago, Lingunde e O Ariño. Trátase dunha campaña da Consellería de Sanidade, dentro do ‘Programa Galego de Promoción dunha Vida Sen Tabaco’, que pretende concienciar sobre a protección do medio ambiente e promocionar unha vida sen tabaco.
Deste xeito, estas catro praias camariñás contemplan a prohibición de fumar en toda a zona sinalada. Quedan excluídas aquelas áreas ó aire libre dos locais de hostalaría situados na praia.