Compromiso español na Asemblea da OTAN para que a paz chegue a Ucraína


España asegurou na Asemblea Parlamentaria da OTAN que seguirá facendo todo o que estea na súa man para que a paz regrese canto antes a Ucraína e cese esta “guerra de agresión” contra o país. Así o afirmaron os catro ministros -Exteriores, Presidencia, Economía e Defensa- que participaron durante a xornada deste sábado nas reunións da 68 sesión anual da Asemblea Parlamentaria da OTAN, que se celebra en Madrid e que reúne a 269 parlamentarios de 30 países membros e a un centenar de países asociados e das oito delegacións de observadores. O ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel Albares, sinalou a necesidade de defender os valores que sustentan o tratado fundacional da OTAN e a Unión Europea e reafirmou ante os asistentes o compromiso de España cos mesmos.