Compromiso por Galicia e Espazo Común unen forzas de cara ás autonómicas

1 minutes read

O líder de Espazo Común, Pachi Vázquez, afirmaba que este é un fito importante para Galicia que “necesita ter voz propia, unha axenda galega que marque definitivamente o noso rumbo”.
“Fomos capaces de unir 6 formacións íntegramente galegas, o que significa acadar consensos. Non descartamos seguir sumando nos vindeiros días compañeiros e compañeiras de viaxe, cas luces largas postas, sementando para o futuro”.
Con esta coalición buscamos equilibrar ás grandes forzas políticas que ven en Galicia un punto de paso hacia outros obxectivos.

Pola súa banda o secretario xeral de Compromiso por Galicia, Juan Carlos Piñeiro, afirmaba que veñen defendendo dende o seu nacemento un entendemento entre todas as forzas galeguistas de centro, sin extremismos.
“Queremos construír un país coa xente, dende as localidades hacia arriba e cas particularidades de cada territorio”, apuntaba.
A resposta para os problemas estructurais de Galicia pasa por ser xenerosos e traballar nun sistema de sumar e axudase e ESCO Galeguista é o mellor para representarnos, di Piñeiro. “Sumámonos a este proxecto aportando traballo, a nosa representación municipal, cun obxectivo común “sementar unha iniciativa política que ten que ir enraizando porque é unha necesidade do país”.

“Hai que facer ver que hai mais opcións que os 2 grandes partidos e un partido nacionalista, que hai outras opcións que teñen capacidade de decisión no pais preocupándonos polos nosos problemas pero con un carácter europeista e con corte integrador”, concluía.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?