Comunicado da Escola Basket Xiria respecto das novas medidas sanitarias


A Xunta Directiva da Escola Basket Xiria emitiu un comunicado logo das medidas trasladadas este martes pola Xunta de Galicia e a espera do que notifiquen dende a Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Baloncesto, así como calquera outra medida que poidan indicar dende calquera administración, para facer fronte a pandemia provocada pola COVID-19.

A entidade afirma interrumpir a actividade deportiva dos equipos do Club de ámbito autonómico (dende Senior Femenino a Pequebasket). Isto afectará, desde este xoves 21, a todos os adestramentos, partidos e calquera actividade deportiva relacionada nas mencionadas categorías.

O único equipo que manterá, polo de agora, a súa actividade deportiva normal, será o Calvo Basket Xiria de Liga EBA, ao estar englobado dentro de competición de ámbito Estatal e ter un protocolo específico avalado polo CSD e a Secretaría Xeral para o Deporte.