Con 16 anos feitos vaise poder conducir un coche a partir do ano que vén

1 minutes read

Anunciouno este martes o director xeral de Tráfico, Pere Navarro. Iso si, os menores de idade só poderán levar coches eléctricos lixeiros e coa potencia e a velocidade reducidas. Para iso terán que sacar un carné especial, o B1. Este carné chegará a España despois que se aprobe a nova directiva de permisos de conducir en Bruxelas, polo que será xa no 2024. É un permiso para os mozos e mozas de 16 e 17 anos que lles vai permitir conducir vehículos de categoría L7 que son os que teñen un peso máximo de ata 400 kg e non poden superar os 20 cabalos de potencia nin exceder os 90 quilómetros por hora, pero cos que si poden circular en autovías e autoestradas. Calcúlase que en España hai arredor dun millón de persoas con 16 e 17 anos que poderían optar a este carné.