42
O Concello de Laxe celebrou este domingo 17 de novembro o IX Magosto. Os asistentes a esta xornada puideron gozar co tradicional Magosto que reuniu a numerosas persoas no Pavillón Polideportivo dende as 17:30 horas. Durante a festa non faltou a música en directo e os inchables para o deleite dos máis pequenos, así como os xogos familiares, os obradoiros e os postos de artesanía que se instalaron con motivo dunha nova edición da Mostra de Artesanía. Tal e como se aprecia na instantánea centos de veciños e xente chegada de fora, gozaron dunha xornada festiva para pechar esta fin de semana de outono.