Condenan a Chaves, Álvarez e Griñán

1 minutes read
  • Seis anos de prisión para Griñan, nove de inhabilitación para Chaves e Magdalena Álvarez.

O  ex-presidente da Junta de Andalucía José Antonio Griñán foi condenado pola Audiencia Provincial de Sevilla a seis anos de cárcere e 15 anos de inhabilitación na coñecida como ‘peza política’ da causa xudicial sobre os expedientes de regulación de emprego (ERE), mentres que o seu antecesor no cargo, Manuel Chaves, foi condenado a nove anos de inhabilitación.   

A sentenza apunta no caso de  Griñán que «a orzamentación de gastos ficticios», en referencia á inclusión no orzamento de IFA-IDEA de gastos que non eran seus, senón da Consellería de Emprego, «evidencia que a Consellería de Economía e Facenda coñecía que as subvencións non eran concedidas por IFA-IDEA, senón pola Consellería de Emprego, pois pola contra, non fose necesario orzar os citados gastos ficticios».   

No caso de Chaves, sinala a Audiencia de Sevilla que «como presidente do Consello de Goberno aprobou as modificacións orzamentarias que afectaron o programa 31 L, que pola súa contía eran competencia do Consello de Goberno, ata o seu cesamento en abril do ano 2009». 

A Audiencia de Sevilla tamén condena a ex-conselleira de Economía e Facenda Magdalena Álvarez a nove anos de inhabilitación especial por un delito de prevaricación.