Coñecemos o novo videoclip nado no IES Isidro Parga Pondal de Carballo

0 minutes read

Logo da entrega de «un compromiso», de Antonio Machín, un fantástico bolero versionado cun espectacular exercicio de percusión por alumnos e alumnas de música de 1º e 2º de Bacharelato do IES Isidro Parga Pondal de Carballo, esta pasada fin de semana publicaban en YouTube un novo traballo de fin de curso, a versión do tema de Coldplay titulado Viva la Vida. Unha gran aportación musical en equipo composta por máis de 20 xilófonos.