O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirmou a condena de prisión permanente revisable para José Enrique Abuín Gey polo asasinato de Diana Quer en agosto de 2016, na Pobra do Caramiñal.
O Tribunal Superior di que «non existe duda ningunha» da realidade dos feitos, que foron «debidamente acreditados» na sentenza de primeira instancia.
Os xuíces sosteñen na resolución que o móbil de natureza sexual «corrobórase pola ausencia de calquera outra motivación, unha vez descartada a tese de que a vítima foi trasladada xa sen vida á nave de Asados». Ademais, recalcan que a ausencia doutras alternativas «sensatas, razoables, coherentes e sólidas» reforza «o xuízo lóxico do tribunal».
O alto tribunal asegura que é «incuestionable» que cada un dos feitos indiciarios en por si «nada determina», pero destaca que o seu conxunto «refórzaos con efecto para considerar a realidade do feito presunto, non a sospeita, senón a plena convicción de que as cousas foron como os feitos declarados probados».