O Goldie Xiria Carballo Turismo senior feminino xogará en primeira autonómica, polo que está a traballar no plantel da vindeira tempada 20/21. A capitana, Jessica Pose, seguirá un ano máis vestindo de verde e aportando ao equipo na primeira liña. Compaxina a súa faceta de xogadora ca de funcións administrativas no clube.Jessi afirma que: “É un pracer seguir formando parte deste equipo. Levamos anos demostrando que somos loitadoras e que xuntas podemos conseguir boas cousas. Estou segura de que seguindo esta liña conseguiremos os nosos obxectivos.”
Alba Rodríguez
A xoven pero xa veterana no equipo, seguirá dirixindo ao Goldie Xiria Carballo Turismo desde o central unha tempada máis. Nas últimas tempadas o seu rendemento está indo en liña ascendente e agardamos que así siga.Alba cóntanos que: “Estou moi contenta por seguir un ano máis sendo parte de este equipo de fortes e loitadoras. Seguiremos un ano máis tratando de alcanzar as nosas metas con todo o bó que este deporte nos da.”

Nadia Vázquez
A xoven gardameta de Santa Comba, seguirá por cuarto ano defendendo a portería do Goldie Xiria Carballo Turismo. As súas boas porcentaxes confírmana coma un dos pilares fundamentais do equipo.Nadia cóntanos: “A pesares da imposibilidade de rematar a tempada pasada debido á situación que se plantexou, estou moi contenta de continuar un ano máis e volver a loitar coas miñas compañeiras para acadar os nosos obxectivos.

Aida Vizcaíno
A zurda seguirá contribuíndo coa súa calidade desde a primeira liña para que o Goldie Xiria Carballo Turismo acade os seus obxectivos na vindeira tempada 2020/2021. Aida seguirá compaxinando a súa faceta de xogadora ca de adestradora das categorías base do clube.Aida asegura: “Estou moi ilusionada de formar parte un ano máis de este proxecto, e tentarei seguir aportando todo o posible para conseguir os obxetivos marcados polo equipo.”
