33
O testemuño ofrecido ao chegar a terra pola única sobrevivente do naufraxio dunha lancha pneumática no roteiro migratorio cara a Canarias, unha muller de Costa do Marfil, eleva a 52 o número de vítimas desa traxedia, segundo informaron fontes oficiais a RTVE en Canarias. Durante o voo que a evacuaba a Gran Canaria, aínda aparvada polo trauma que vivira, e moi débil, a sobrevivente contou aos rescatadores do helicóptero de Salvamento Marítimo que eran «uns 40» na pneumática. Tras recibir a primeira asistencia, xa con intérprete, precisou que saíron un total de 53 persoas.