Consternación en Rus – Carballo pola morte repentina dun xóven de 25 anos

0 minutes read

Iván Núñez Muíño, do lugar de Barís 64, da carballesa parroquia de Rus, de 25 anos de idade, faleceu a última hora da tarde deste sábado. Á espera do que determine a autopsia, podería tratarse dunha insuficiencia cardíaca. Atopábase nun local de hostalería de Carballo en compañía duns amigos, cando se sentiu mal e caeu ao chan. Acudiron ao lugar a Policía Local, a Garda Civil de Carballo e os servizos sanitarios, pero xa non puideron facer nada por salvar a súa vida.