Constituída a Xunta de Goberno Local de Carballo

1 minutes read

Este luns celebrouse a reunión de constitución da Xunta de Goberno Local, que neste mandato estará integrada por Evencio Ferrero, presidente; Belén Lendoiro, primeira tenente de alcalde e delegada das áreas de Facenda, Patrimonio, Persoal e Réxime Interior; Xosé Regueira, segundo tenente de alcalde e delegado das áreas de Promoción Económica e Turismo; Ángeles Pacoret, terceira tenente de alcalde e delegada das áreas de Bibliotecas, Arquivos e Normalización Lingüística; Daniel Pérez, cuarto tenente de alcalde e delegado das áreas de Deportes e Participación Cidadá; Iván Andrade, quinto tenente de alcalde e delegado das áreas de Innovación, Fondos Europeos, Formación, Emprego e Axenda Urbana, e Mar Eirís, sexta tenente de alcalde e delegada das áreas de Educación e Terceira Idade. A Xunta de Goberno Local reunirase en luns alternos, ás 13.30 horas no inverno e ás 13.00 horas no verán. Na sesión constitutiva tamén quedaron establecidas as súas competencias.