Continúa a busca do home de 56 anos desaparecido na Cañiza

0 minutes read

Manuel Álvarez Casal foi visto por última vez o martes pasado, nunha recta das Touzosas de Valeixe, na Cañiza. Dende o mércores comezou a súa busca que continúa nesta zona pero tamén nun radio moito máis amplo duns catro quilómetros. No rastrexo participan decenas de veciños, veciñas e familiares. A iso hai que sumarlle os medios da Garda Civil. Na mañá deste domingo estiveron traballando varias patrullas con cans adestrados para atopar persoas vivas. Tamén para ter unha visión máis completa das zonas achegaron drons para tratar de localizar a Manuel. 

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?