Durante todo este ano 2023, en COGAMI visibilizan unha campaña de sensibilización sobre as necesidades que presentan as persoas con discapacidade e familias. É unha chamada á acción para amosar a realidade que viven milleiros de persoas actualmente, o conxunto do 9% da poboación.
Neste mes de novembro reivindican a figura da persoa voluntaria, poñendo o foco en que a persoa con discapacidade non só resulta beneficiaria deste voluntariado senón que exerce de persoa voluntaria, como indica o 70% das persoas inscritas na súa bolsa de voluntariado.