Continúa aberto o prazo para solicitar as axudas para sacar o carné de conducir de coche, camión e autobús. As persoas de entre 18 e 30 anos de idade poderá solicitar estas axudas ata o vindeiro 30 de setembro.
Sacar o carné de conducir ten un significado determinante e moi significativo para a xuventude, posto que lles permite gañar en liberdade e autonomía, mellorar a súa empregabilidade e iniciar o seu proxecto de vida.
Os beneficiarios poderán recibir entre 400 e 1.300 euros para sufragar parte do que custa obter o carné de conducir. Tamén poden solicitar acollerse ás axudas desta convocatoria os mozos e mozas que obtivesen o carné no 2023, xa que o ano pasado non se convocaron estas achegas.