Continúa o desacordo entre o Sergas e o persoal dos PAC

Concentración este mércores as portas do PAC de Carballo

O Servizo Galego de Saúde mantén a proposta ofertada aos Puntos de Atención Continuada e fai un chamamento ás organizacións sindicais e representantes dos traballadores para que reconsideren a súa postura. O departamento que dirixe Jesús Vázquez Almuiña reitera que o documento presentado na última reunión recolle a inmensa maioría das reivindicacións solicitadas. En concreto, o Sergas lembra que ofertou nove das once medidas plantexadas polas organizacións sindicais.

Mentras tanto, o persoal dos Puntos de Atención Continuada (PAC) continúan puntualmente coas suas reinvindicacións en desacordo coa postura da administración. Na imaxe de portada reflexamos a concentración que tivo lugar este mércores as portas do centro médico de Carballo.