Nestes momentos están en execución as obras do abastecemento ás parroquias de Oza e Razo, financiadas polo Concello de Carballo cun orzamento de 1,7 millóns de euros. A rede arranca do polígono industrial de Bértoa en dirección a Oza, onde chegará aos lugares das Encrucilladas, Vilar do Carballo, Oza Vella, As Torres e O Rodo. Xa na parroquia de Razo aproveitaranse as canalizacións incluídas tanto nas obras de saneamento de Vilar de Cidre coma nas de pavimentación de Nétoma para levar o abastecemento a estes dous núcleos. A maiores, a rede estenderase a toda a zona de Razo da Costa, Santa Mariña e Arnados.
O alcalde, Evencio Ferrero; a concelleira de Contratación e Planificación, Milagros Lantes, e o concelleiro de Mobilidade, Juan Seoane, achegáronse ata a parroquia de Oza para realizar un seguimento das obras, que se centran nos ramais secundarios para evitar a presenza de maquinaria e os cortes de tráfico na estrada provincial Carballo-Razo.
29