As manifestacións en apoio de Palestina e a favor dun cesamento do fogo en Gaza continúan no Reino Unido, Bélxica, e Francia. En Londres, ao redor de medio millón de persoas saíron á rúa, e a policía despregou máis de 2000 axentes para garantir que a marcha fóra pacífica. Esto sucede tras unha semana de disputas políticas sobre se a manifestación debía celebrarse a fin de semana en que o Reino Unido honra aos seus caídos na guerra. Decenas de miles de persoas marcharon tamén o sábado en Bruxelas para esixir un cesamento do fogo inmediato na guerra. Unha manifestación pacífica na que tamén participaron familias e nenos. En Francia, a marcha de París adiantouse á manifestación do domingo contra o antisemitismo, que divide aos partidos políticos franceses.