30
- En concreto estase actuando en Xurarantes e na pista do «Semilleiro», en Quintáns
Esta semana operarios municipais do Concello de Muxía iniciaron o arranxo de varias pistan que presentaban un «mal estado», sinalan desde o consistorio. As melloras estanse realizando nunha vía de gran envergadura en Xurarantes e tamén no camiño do «Semilleiro», en Quintáns.
Desde o executivo destacan a importancia destas tarefas para mellorar a rede viaria do municipio xa que son «unha prioridade» para o mesmo.